Páginas

Etiquetas

Xornadas de orientación universitaria e profesional

Estas xornadas ofrécen a oportunidade de coñecer tanto os estudos artísticos e de FP que se imparten na cidade como os estudos universitarios que se ofertan na comunidade autónoma galega.
Do 8 ao 11 de abril poderás visitar os centros de FP de A Coruña para realizar unha visita guiada cunha explicación sobre os estudos que alí se imparten.
O 9 de abril haberá unha presentación dos estudos militares e de seguridade e dos estudos superiores de deseño no Forum Metropolitano.
A semana do 15 ao 19 de abril no Centro Universitario de Riazor (CUR) celebraranse diversas mesas informativas sobre os graos universitarios que se imparten nas universidades galegas.

DESTINATARIOS: Alumnado de bacharelato e dos últimos cursos da ESO.

INSCRICIÓNS
As solicitudes faranse a través do centro docente. O profesor debe de cubrir a ficha de solicitude específica “XOUP 2012-13” da páxina web educativa municipal (www.edu.coruna.es).

O Servizo Municipal de Educación remitirá aos centros as CREDENCIAIS solicitadas.

PRAZOS
Solicitude de credenciais no centro do 1 ao 14 de marzo.
- Do 1 ao 14 de marzo inscribiranse os centros do Concello da Coruña
- Do 11 ao 14 de marzo inscribiranse os centros de fóra do Concello da Coruña.


Recollida da credencial no centro do 2 ao 5 de abril

A partires do 20 de marzo distribuiránselles as credenciais sobrantes a aqueles estudantes interesados que non as obtivesen no seu centro de estudos ou que no estean matriculados en ningún centro. As credenciais recolleranse no Centro Municipal de Información Xuvenil – CMIX até o 13 de abril e no Centro Universitario de Riazor - CUR do 15 ao 20 de abril, de 17 a 19:30 h.

Para ASISITIR ás visitas e ás mesas é IMPRESCINDIBLE PRESENTAR A CREDENCIAL CORRESPONDENTE

En caso de precisar máis información ou de cara a resolver calquera dúbida póñanse en contacto co servizo municipal de educación no teléfono 981 184 200 ext. 12047 e pregunten por Susana Vara.