Páginas

Etiquetas

ORDE POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO



ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.




O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.

Requisitos

1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/15, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non pode ser reutilizado.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 desta orde.

d) Non estar matriculado en 5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación dixital durante o curso 2014/15, convocado mediante Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril), xa que este alumnado disporá dun contorno virtual de aprendizaje.

Contía das axudas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2012:

– Educación primaria:

• Familias monoparentais:
• Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 170 euros.
• Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros.

– Resto das familias:

• Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros.
• Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros.

– Educación secundaria obrigatoria:

• Familias monoparentais:
• Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 180 euros.
• Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.
• Resto das familias:
• Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros.
• Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.

No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido neta convocatoria