Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: de voluntariado nas quendas Implíca-T (novidade nesta Campaña de verán 2015, para os mozos e mozas de 14 a 17 anos) e actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
- Condicións xerais (autorización para a publicación de imaxes, servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, protección de datos)
- Campamentos en Galicia
- Campamentos fóra de Galicia
- Anexo I
- Presentación electrónica de solicitudes
- Consulta de solicitudes
- Consulta aquí a Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí
- Enlaces dispoñibles
Consulta aquí o PDF