DESCRICIÓN
Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en inglés e francés.
Ademáis pódese ofertar alemán, chinés e portugués para galegos nas catro destrezas: comprensión auditiva e expresión oral, así como comprensión e expresión escrita.
Orientado á preparación das probas da certificación internacional dos niveis do Marco Común Europeo das Linguas.
PERSOAS DESTINATARIAS
Alumnado matriculado na ESO, no bacharelato ou na FP dos IES e CIFP da cidade.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas.
Trimestralmente faremos unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.
HORARIO
Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
A distribución e organización dos grupos nos centros farase en función da demanda e do nivel do participante
Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.
Os horarios para os grupos de inglés son os seguintes:
IES
|
DÍA
|
HORARIO
|
Agra do Orzán
|
Luns – Mércores
|
16.30 a 17.30
|
Elviña
|
Luns – Mércores
|
16.30 a 17.30
|
Eusebio da Guarda
|
Martes – Xoves
|
16.30 a 17.30
|
Fernando Wirtz
|
Luns - Mércores
|
16.00 a 17.00
|
Monte das Moas
|
Luns – Mércores
|
16.30 a 17.30
|
Rafael Dieste
|
Luns – Mércores
|
16.30 a 17.30
|
R. Puga Ramón
|
Martes – Xoves
|
16.30 a 17.30
|
R. Menéndez Pidal
|
Luns – Mércores
|
16.30 a 17.30
|
R. Otero Pedrayo
|
Luns – Xoves
|
16.30 a 17.30
|
Salvador de Madariaga
|
Luns – Mércores
|
17.00 a 18.00
|
Os horarios para alemán, francés, chinés e portugués para galegos están por definir e dependen das solicitudes recibidas.
CUSTO
15 € mensuais. O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realizarase a inicios de outubro, unha vez que sexa admitido no programa.
INSCRICIÓN ALUMNOS
Do 15 ao 28 de setembro
As listaxes de admitidos publicaranse na web educativa (www.edu.coruna.es) a inicios de outubro.
Criterios para a admisión:
1. Escolares do propio centro seleccionados por riguroso orde de inscrición.
2. Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)
CENTROS ONDE SE OFERTA
Agra do Orzán
|
Elviña
|
Eusebio da Guarda
|
Fernando Wirtz
|
Monte das Moas
|
Rafael Dieste
|
R. Puga Ramón
|
R. Menéndez Pidal
|
R. Otero Pedrayo
|
Salvador de Madariaga
|
Os centros que non están no listado e que desexen participar no programa este curso poden porse en contacto no correo educacion@coruna.es
ENTIDADES COLABORADORAS
INFORMACIÓN DETALLADA AQUÍ