Páginas

Etiquetas

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 Como vos chegaría por correo do IES, está aberto o prazo para a presentación de candidaturas de pais ó Consello Escolar. Dende a APA rogamos encarecidamente que vos presentedes, só hai de prazo ata a vindeira semana. Senón  haberá  dúas vacantes sen cubrir. Sería unha pena desaproveitar esta oportunidade que se nos brinda de participar de xeito activo na comunidade educativa dos nosos fillos. 

Un saúdo, esperamos ver as vosas candidaturas.