Campamentos municipais urbanos. Verán 2013
Dende o 01/07/2013 ata o 30/08/2013
Data de inscrición:
Dende o 14/06/2013 ata o 15/06/2013
Horario:
11.00 a 13.30 e 16.30 a 20.00 h.
Requisitos:
- Ter a idade esixida para participar no campamento.
- Terán preferencia os/as menores empadroados no Concello da Coruña.
- Só se admitirá unha solicitude por menor, en caso contrario todas quedarán automaticamente anuladas.
- En cada solicitude poderanse solicitar como máximo dúas quendas de campamento indicando a orde de preferencia e opcionalmente poderase marcar unha terceira opción que só se terá en conta se quedan prazas vacantes.
Campamentos urbanos 2013
O Concello da Coruña ofrece 4 quendas de campamentos urbanos para nenos nados entre o ano 2001 e 2009.
Lugar de realización: Rede de centros cívicos e municipais ou no CEIP de referencia.
Temática e quendas:
- 1º CAMPAMENTO URBANO: UNHA VIAXE POLO UNIVERSO. 1 ao 12 de xullo
- 2º CAMPAMENTO URBANO: O MARABILLOSO MUNDO DOS DINOSAUROS. 15 ao 31 de xullo
- 3º CAMPAMENTO URBANO: OS CONTOS DOS IRMÁNS GRIMM. 1 ao 16 de agosto
- 4º CAMPAMENTO URBANO: OÍDO COCIÑA. 19 ao 30 de agosto
Horario de campamento: De 10.00 a 14.00 h. Algúns centros ofrecen hora complementaria.
Cota de inscrición: 26 €. Aboarase no momento da inscrición.
Inscrición previa: sede dos centros cívicos municipais e veciñais nos que se realizan os campamentos.
Sorteo: día 15 de xuño ás 20.05 nos lugares de inscrición previa.
Publicación de listas de admitidos e espera: día 21 de xuño.
Rede de Centros Cívicos Municipais e Veciñais
Teléfono de información municipal: 010
www.coruna.es ou www.corunasolidaria.org
Inscrición: Día 27 e 28 de xuño
Lugar: Centro Cívico Monelos
Horario: 11.00 a 13.30 e 16.30 a 20.00 h.
INFORMACIÓN:
REDE DE CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS E VECIÑAIS
TELÉFONO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL: 010