Páginas

Etiquetas

IX Concurso literario Rita Suárez Amado

O IES Eusebio da Guarda e o Servizo Municipal de Educación colaboran na convocatoria do IX Concurso Literario Rita Suárez Amado, de relato curto e poesía en lingua galega.
No certame hai catro categorías e niveis de participación:
  • 1º ciclo da ESO (1º e 2º)
  • 2º ciclo da ESO (3º e 4º)
  • Bacharelato
  • Adultos
O tema será libre e teñen que ser relatos ou poesías inéditas. O prazo de admisión remata o 24 de xaneiro e a entrega dos traballos terá que facerse na conserxería ou por correo no IES Eusebio da Guarda, na praza de Pontevedra.
O fallo do xurado e a entrega de premios farase o día 14 de marzo no salón de actos do IES Eusebio da Guarda.
Consulta as bases co concurso.