Páginas

Etiquetas

PROGRAMA DE IDIOMAS EN SECUNDARIA

DESCRICIÓN
Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en inglés e francés. Ademáis pódese ofertar alemán, chinés e portugués para galegos nas catro destrezas: comprensión auditiva e expresión oral, así como comprensión e expresión escrita. Orientado á preparación das probas da certificación internacional dos niveis do Marco Común Europeo das Linguas.

PERSOAS DESTINATARIAS 
Alumnado matriculado na ESO, no bacharelato ou na FP dos IES e CIFP da cidade. Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas. Trimestralmente faremos unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.

PERÍODO DE REALIZACIÓN
Do 4 de outubro de 2016 ao 31 de maio de 2017 HORARIO Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A distribución e organización dos grupos nos centros farase en función da demanda e do nivel do participante. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.

Os horarios para os grupos de inglés son os seguintes.
IES
DÍA
HORARIO
Agra do Orzán
Luns – Mércores
16.30 a 17.30
Elviña
Luns – Mércores
16.30 a 17.30
Eusebio da Guarda
Martes – Xoves
16.30 a 17.30
Fernando Wirtz
Luns - Mércores
16.00 a 17.00
Monte das Moas
Luns – Mércores
16.30 a 17.30
Rafael Dieste
Luns – Mércores
16.30 a 17.30
R. Puga Ramón
Martes – Xoves
16.30 a 17.30
R. Menéndez Pidal
Luns – Mércores
16.30 a 17.30
R. Otero Pedrayo
Luns – Xoves
16.30 a 17.30
Salvador de Madariaga
Luns – Mércores
17.00 a 18.00


Os horarios para alemán, francés, chinés e portugués para galegos están por definir e dependen das solicitudes recibidas. 

CUSTO
15€ mensuais. O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realizarase a inicios de outubro, unha vez que sexa admitido no programa INSCRICIÓN CENTROS

Ficha de solicitude xeral Do 12 ao 30 de setembro